Volla Phone é un smartphone creado por unha empresa alemá a través dunha campaña de KickStarter.

Volla Phone poderá executar un sistema operativo GNU/Linux e ofrecerá mellor privacidade (incluirá un servizo de VPN gratuíto e non traerá instalados os servizos de Google.).

Software

Será capaz de executar UBPorts, Sailfish OS e outras distribucións GNU/Linux adaptadas a móbiles.

Hardware e prezo

Pantalla IPS de 6,3 polgadas, chipset MediaTek Helio P23, 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento interno ampliables con tarxetas microSD, batería de 5.000 mAh, soporte de LTE Cat6, jack de 3,5mm e un porto USB Type-C.

Conta con cámaras básicas, será ensamblado en fábricas de Alemaña e terá un prezo de 359 euros, aínda que para outras rexións partirá de 309 euros máis imposto de importación.

As primeiras unidades do Volla Phone serán entregadas en outono.

Volla Phone é unha alternativa a Android e iOS, coma outras que xa existen no mercado (Librem 5 e PinePhone).

Máis información no kickstarter do proxecto

Pin It on Pinterest

Share This