Visores OLAP en software libre

Luns, 17 Agosto 2009

Un visor OLAP é unha ferramenta que permite a análise de grandes cantidades de datos dunha base de datos de maneira que se poidan consultar e valorar, ben sexa a través de informes, táboas de visualización, gráficas, etc…

Dentro dos aplicativos de “intelixencia empresarial”, do inglés “Business Intelligence” (BI), non pode faltar unha destas ferramentas, polo que a continuación, imos listar algunhas das ferramentas OLAP en software libre máis usadas:

  • Jpivot: É unha das pioneiras con máis de 10 anos de existencia e integrado en moitas grandes suites de xestión empresarial, como por exemplo “Pentaho Business Intelligence”.
  • Jrubik: baseado en compoñentes do anterior, conta cun cliente Java cunha nova interface.
  • Jpalo: usando tecnoloxías Ajax, simula a interface dunha folla de cálculo en web.
  • Openi: solución que tamén usa Jpivot, compatíbel con Microsoft Analysis Services ou Mondrian…

Na seguinte ligazón pode atopar máis ferramentas de xestión empresarial en software libre do seu interese, totalmente traducidas ao galego.

http://peme.mancomun.org/xestion_empresarial.htm

Tamén na seguinte ligazón, pode atopar unha lista moito máis completa de diversos aplicativos para xestión empresarial:

http://bi.social.uoc.edu/smc/wiki/soluciones-open-source

Fonte:

http://todobi.blogspot.com/

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal