Visión e experiencias en enxeñería con software libre no SWYP 2021 VIGO

Mércores, 24 Marzo 2021
Visión e experiencias en enxeñería con software libre no SWYP 2021 VIGO

Do 24 ao 28 de marzo terá lugar o SWYP 2021 VIGO e dentro del, o sábado 27 entre as 19.00 e 21.00 horas haberá dúas charlas relacionadas co software libre e a enxeñería. Rubén Gómez (KDE España) e Miguel Muíños (Asociación Melisa e colaborador de ESF) darán as charlas chamadas “Visión e experiencias en enxeñería con software libre” na Sala de exhibición 1 do Palacio de congresos.

Rubén Gómez dará unha visión global acerca da situación actual do software libre na enxeñería, e Miguel Muíños, desenvolvedor da distribución Epilinux e administrador da lista R-help-es, falará do emprego de Octave e R como alternativas libres para o cálculo numérico.

SWYP 2021 VIGO

O evento máis importante do IEEE en España a nivel estudantil e de mocidade. Cada ano congrega a aproximadamente 80+ estudantes e mozos profesionais de enxeñería de todo o país. Existen 16 Ramas de Estudantes en España.

Anteriormente coñecido como Congreso Nacional de Ramas (CNR), desde o 2017 decidiuse cambiar o nome por SWYP: Students, Women in Engineering and Young Professionals, para dar visibilidade a todos os grupos integrantes do congreso.

IEEE de Vigo

Está apoiado e patrocinado pola Sección España do IEEE, a maior asociación de enxeñeiros do mundo. Poden asistir todos os membros do IEEE da Sección España e persoas interesadas.

Programación

Podedes ver todo o programa nesta ligazón.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal