Oracle lanzou VirtualBox 6.1 (software de virtualización de sistemas operativos, gratuíto e de código aberto). Destaca a posibilidade de importar máquinas virtuais desde Oracle Cloud Infraestructure e o soporte oficial para Linux 5.4.

Outras novidades: soporte mellorado para a virtualización aniñada (pódese instalar un hipervisor KVM nun sistema invitado de VirtualBox), mellorado o soporte 3D (VBoxSVGA e VMSVGA), reproducción de vídeo acelerada por hardware nos anfitrións GNU/Linux e macOS, actualizado o firmware con soporte para NVRAM, sistema de arquivos APFS, soporte para dispositivos non estándar SATA/NVMe e para lanzamentos anteriores de OS X, executar máquinas virtuais agora necesita unha CPU que admita a virtualización de hardware.

Listado completo de cambios nesta ligazón.

Pin It on Pinterest

Share This