VIII Xornada de Usuarios de R en Galicia

Luns, 2 Agosto 2021
VIII Xornada de Usuarios de R en Galicia

Comezaron os preparativos da VIII Xornada de Usuarios de R en Galicia, que terá lugar o día 14 de outubro de 2021.

Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), como en edicións anteriores incluirá relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

Call for papers

Se queres presentar un relatorio, podes facelo dentro das datas que se especifican a continuación. Requisitos:
– Deberá empregarse o modelo definido pola organización (dispoñible en formato ODT e en formato TEX).
– Os resumos deberán ter, como máximo, 4 páxinas.
– Os traballos deben enviarse en formato pdf.
– Os ficheiros dos resumos se nomearán da seguinte maneira:
“VIII_XornadasR_Apelido.pdf”
onde “Apelido” debe ser o da persoa que realice a presentación.

Os traballos recibidos serán sometidos a revisión polo Comité Científico, e posteriormente notificarase por correo electrónico o resultado da revisión.

Envío do resumo da túa idea a través deste formulario.

Datas importantes

Envío de resumos: 19 setembro de 2021
Avaliación resumos: 01 outubro de 2021

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal