Pamplona acolle as “VII Xornadas de Wikimedia España, polo coñecemento libre” do 18 ao 20 de outubro, organizada por Wikimedia España xunto coa asociación navarra Ayanza.

Neste encontro, as persoas interesadas na democratización do coñecemento reúnense para participar en diferentes debates, relatorios e sesións formativas ao redor da Wikipedia e os seus 11 proxectos irmáns.

Falarase sobre as brechas de coñecemento na internet, os datos abertos e o seu vínculo co patrimonio histórico inmoble, os dereitos dixitais, a desinformación ou as ferramentas tecnolóxicas que permiten a democratización do coñecemento libre. Ademais, impartiranse talleres gratuítos para aprender a editar a Wikipedia; para coñecer mellor a base de datos Wikidata ou para editar fotografías e utilizar o repositorio multimedia libre Wikimedia Commons.

A entrada é gratuíta e libre ata completar aforo.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This