A VII Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar o día 15 de outubro de 2020 e que, por primeira vez e debido á situación derivada da COVID-19, este ano realizarase de xeito virtual cunha transmisión en vivo a través de Zoom.

Como en anos anteriores incluirá relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

Na edición deste ano, e ante as dificultades loxísticas que levarían aparellada, non se realizararán os habituais obradoiros prácticos.

Linguaxe R

R é unha contorna e linguaxe de programación cun enfoque á análise estatística.

Trátase dunha das linguaxes de programación máis utilizados en investigación científica, sendo ademais moi popular nos campos de aprendizaxe de máquinas, minería de datos, investigación biomédica, bioinformática e matemáticas financeiras. A isto contribúe a posibilidade de cargar diferentes bibliotecas ou paquetes con funcionalidades de cálculo e representación gráfica.

R é parte do sistema GNU e distribúese baixo licénciaa GNU GPL. Está dispoñible para os sistemas operativos Windows, Macintosh, Unix e GNU/Linux.

Programa

Podedes acceder ao programa completo nesta web.

Difusión do evento

Nesta web publicaranse os enlaces ás salas virtuais de Zoom nas que se desenvolverán os seminarios web das VII Xornada de Usuarios de R en Galicia.

Unha vez finalizada a xornada se publicarán os vídeos de cada un dos relatorios na canle de YouTube das xornadas.

Inscrición

A inscrición é de balde, e de libre acceso.

Organizan

Organizada pola Oficina de Software Libre do CIXUG, coa colaboración da Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (Melisa), e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia) incluirá relatorios e talleres co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións, así como proporcionar un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade.

Colaboran

Asociación Melisa

Patrocina

Esta iniciativa enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Amtega e o CIXUG para a realización de actividades de fomento do software libre en Galicia.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This