VigoJUG Meetup sobre Apache Kafka

Mércores, 27 Novembro 2019

Novo meetup do grupo VigoJUG, o 27 de novembro de 19:00 a 20:00 en Jukebox Vigo (rúa E.Heraclio Botana, 4 – Vigo).

Terá lugar unha charla introdutoria a Apache Kafka, da man de Diego Fernández López, enxeñeiro en telecomunicacións e con máis de 12 anos de experiencia e metido de cheo en proxectos Java baseados no framework Spring.

Apache Kafka é un proxecto de código aberto desenvolto por LinkedIn e doado ao Apache Software Foundation, escrito en Java e Scala. O proxecto ten como obxectivo proporcionar unha plataforma unificada, de alto rendemento e de baixa latencia para a manipulación en tempo real de fontes de datos.

A duración estimada da charla é de 60 minutos, ademais das preguntas e o concurso Kahoot no que o premio será unha licenza de Jetbrains.

Ao rematar, a reunión levarase a algún local da zona para tomar algún refresco (patrocinados por Optare Solutions) e poder coñecerse mellor a xente entre ela.

VigoJUG


Vigo JVM User Group (ou VigoJUG) é unha comunidade técnica nacida en Vigo co propósito de xuntar a profesionais e aficionados dispostos a compartir experiencias, aprender e divertirse cas linguaxes que se executan na JVM (Java, Groovy, Scala, Kotlin, etc.).

Principalmente as reunións e eventos van dirixidas a programadores, pero non se descartan outro tipo de temáticas, por exemplo de sistemas ou incluso de xestión de proxectos (sempre relacionados ca JVM, iso si).

Inscrición

O rexistro farase a través da páxina do Meetup.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal