Video-entrevista con Carlos Rodríguez, CEO de Librebit sobre a solución Owncloud

Mércores, 11 Febreiro 2015
  • A canle de YouTube da Amtega ofrece a entrevista completa sobre Owncloud a Carlos Rodríguez, CEO de Librebit
  • Owncloud, aplicación na nube para almacenamento e compartición de ficheiros, é unha das aplicacións que se ofrecen no CDTIC Virtual
Imaxe da entrevista con Carlos RodriguezO pasado mes de novembro publicamos o primeiro artigo de difusión tecnolóxica no que afondabamos nas posibilidades da solución tecnolóxica owncloud como solución empresarial de almacenamento na nube con licenza libre, no que falabamos con dúas empresas TIC sobre dita solución, concretamente Librebit e OpenInnova, así como cos seus respectivos clientes.

Como complemento a este artigo, aproveitamos a realización no CDTIC da xornada demostradora Owncloud: a túa nube baixo control, para gravar a entrevista con Carlos Rodríguez, CEO de Librebit, que agora se publica na canle Youtube da Amtega.
Carlos Rodríguez, consultor da empresa Librebit, mostra nesta entrevista a súa opinión especializada como provedor en relación coas funcionalidades, vantaxes e madurez de OwnCloud, destacando a adaptabilidade da solución, a súa madurez así como a posibilidade que lles ofrece ás empresas á hora de manter a privacidade e o control da súa información.

Owncloud e o CDTIC Virtual

Owncloud é unha solución para a creación dun servizo de almacenamento e compartición segura de ficheiros na nube (cloud computing). Trátase dun programa multiplataforma, semellante ao Dropbox, aínda que, a diferenza deste, pode aloxarse no noso propio servidor, o cal garante seguridade, control e privacidade dos datos.

Owncloud constitúe unha alternativa libre a outras solucións privativas como o devandito Dropbox ou Google Drive, que ofrece ademais outras funcionalidades de traballo en grupo como calendario ou axenda compartidos.

Aproveitamos para lembrar que a través do servizo CDTIC Virtual está dispoñible a solución owncloud para que calquera usuario do CDTIC poida solicitar o uso desta solución durante un período de 15 días para o seu uso en exclusiva co obxectivo de poder avaliar as funcionalidades da mesma sen necesidade de realizar instalacións na súa empresa.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal