O estado de Kerala, ao sur da India, xa comezou a empregar software libre no ano 2005 pouco a pouco dentro dun plan a longo prazo que lles permitirá eliminar o software privativo do sistema educativo. Un sistema educativo que incorpora o estuda da informática de forma obrigatoria dende 2003, polo que empregar software libre axudará a formar a novas xeracións con liberdade.

Neste ano, no estado de Kerala van implantar GNU/Linux con un compendio de programas libres en máis de 200.000 computadoras escolares o que suporá un aforro de cerca de 400.000 €. Ademais, máis de 150.000 docentes recibirán formación en software libre.

Alén do estado de Kerala, máis estados da India, como Tamil Nadu, van tomando boa nota e baixo o programa indio de desenvolvemento dixital tamén están despregando GNU/Linux e software libre sobre todo no ambiente educativo.

Fonte orixinal da nova: https://itsfoss.com/kerala-linux/
Imaxe orixinal: https://www.flickr.com/photos/niyam/4033649366

Pin It on Pinterest

Share This