O pasado venres 20 de Outubro, a Universidade da Coruña congratulábase en anunciar a publicación dun portal de participación destinado a súa comunidade, UDC Decide.

Durante a rolda de prensa o reitor, Julio Abalde, a vicerreitora de Estudantes, Participación e Extensión Universitaria, Margarita Amor, e o Adxunto de Participación, José Rodrigo Sanjurjo, foron debullando as funcionalidades e obxectivos do devandito portal.

Trátase dunha ferramenta de comunicación gracias a cal os usuarios e traballadoras da universidade poderán compartir as súas preocupacións e propostas co resto da comunidade. Tralo necesario tempo de debate, as propostas pasarían a ser votadas. Se as propostas acadan os apoios suficientes, pasarán a ser estudadas por un grupo de traballo experto e adicado. Este grupo sería o encargado de decidir finalmente sobre da viabilidade da proposta e dar luz verde a súa implantación. O proceso está a ser articulado nun regulamento que está aínda en elaboración.

Inicialmente o portal publícase de maneira aberta. Calquera cidadán, incluso os que se atopan fora do ámbito da UDC, pode ter certa visibilidade do sitio e do seu contido. Os usuarios anónimos poderán ver as propostas e os debates; serán só os usuarios rexistrados coa UDC os que poidan lanzar propostas e facer parte dos debates e da toma de decisións previa ao grupo de traballo. Tanto as propostas como os comentarios dos diferentes debates poderán ser compartidos e moderados.

Coa plataforma UDC Decide acádase un dos retos que o actual reitor plantexou durante a pasada campaña electoral. Nas súas propias palabras:

Garantir a participación activa da comunidade universitaria, de xeito que toda a comunidade universitaria poida ser partícipe na toma de decisións e no debate como mellora da xestión da universidade. É imprescindible que as canles de comunicación entre os diferentes colectivos e o equipo de goberno sexan máis eficientes e máis fluídos. Contar coa participación do estudantado no momento da toma de decisións estratéxicas e nas de carácter máis cotián que teñan que ver coa docencia e a calidade de vida universitaria

Consul

O Portal de Participación está baseado en Consul, solución liberada polo concello de Madrid e adoptada por Barcelona, Oviedo, Toledo, entre outros, como aglutinador de propostas cidadáns.

Fonte.

Pin It on Pinterest

Share This