Unity Technologies únese á Blender Development Fund como patrocinador

Mércores, 2 Setembro 2020

Unity Technologies uniuse á Blender Development Fund como contribuínte de alto nivel. Pasa a formar parte deste grupo selecto de patrocinadores como son AMD, Nvidia e Epic Games.

“Fai dez anos, Unity xa ofrecía apoio para os arquivos de Blender aos usuarios de Unity”, dixo o fundador e presidente da Blender Foundation, Ton Roosendaal. “Grazas á subvención seguiremos investindo no desenvolvemento do núcleo de Blender, con especial atención á interoperabilidade de alta calidade con formatos libres e abertos”.

Os últimos membros do Fondo de Desenvolvemento aumentaron as doazóns mensuais a máis de 100.000 euros, o que permitirá que 20 persoas traballen no desenvolvemento do núcleo de Blender a tempo completo.

“En Unity cremos que o mundo é un lugar mellor con máis creadores nel. Isto sempre foi o centro do noso negocio. Como tal, os nosos valores alíñanse cos da Blender Foundation e parece natural que continuemos apoiando un ecosistema aberto que permita a millóns de usuarios crear contido 3D cunha ferramenta gratuíta”, dixo Dave Rhodes, Vicepresidente Senior e Xerente Xeral de Unity Create Solutions, Unity Technologies.

Máis información na nota oficial

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal