Unha nova edición da Maker Faire Galicia terá lugar esta semana

Luns, 1 Xullo 2019

Chega a Galicia a quinta edición de Maker Faire Galicia na Cidade da Cultura de Santiago.

A “maior feira de inventores do mundo” abre as súas portas para o público xeral os días 6 e 7 de xullo de 10 da mañá a 8 da tarde, onde a maiores da exposición de “makers” tamén hai outras actividades como obradoiros ou charlas, entre as que se atopan varias sobre tecnoloxías libres, como poden ser os Obradoiros de Arduino para maiores de 12 anos durante toda a feira ou a charla sobre o proxecto Escornabot.

O prezo das entradas á feira é de 5 euros que será válida para os dous días e no caso dos menores de 14 anos e os maiores de 65 esta será de balde. A inscrición nos obradoiros poderá realizarse o mesmo día durante a feira.

Nesta ocasión a feira a maiores de ter as actividades para o público xeral tamén ten xornadas para profesionais os días 3, 4 e 5 de xullo que estarán centradas no mundo “maker” e na Industria 4.0, onde sen dúbida se falarán de tecnoloxías libres, onde cada día se centrarán en determinada temática e con presenza de empresas diversas:

  • Mércores 3: Enerxía, mobilidade e intelixencia artificial.
  • Xoves 4: Robótica, ciberseguridade e Open Data.
  • Venres 5: Relación entre a Industria 4.0 e o mundo Maker e presentación dos 3 mellores proxectos de makers da Maker Faire.

A feira Maker Faire é un evento que comezou a organizar a revista Make mediante a cal pretenden estender a cultura “argalleira” ou “maker” e fomentar a cultura de desenvolver proxectos por un mesmo/a de diversas disciplinas como a enxeñaría, ciencia, artesanía…
Hoxe en día, a Maker Faire conta cunha morea de localizacións por todo o mundo e de datas onde teñen lugar diversas versións da feira.

O CDTIC tamén participa activamente nesta edición da Maker Faire Galicia retransmitindo as xornadas profesionais, máis información sobre a participación do CDTIC nesta ligazón.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal