UltraStar é unha implementación GPL dun karaoke que está baseado no famoso SingStar ® de Playstation 2 ® e que empeza a causar sensación pola súa facilidade á hora de crear novas cancións para o mesmo, personalizalo, etc…
 
A versión actual é a 0.4.2, que saíu hai escasamente uns días, incorpora novas funcionalidades como o Top 5, bonus, …

… ferramentas para facer cancións a partir de MIDIs, posibilidade de utilizar vídeos en MPG e máis cousas, incluso se pode utilizar os micrófonos orixinais da PlayStation 2 ®.

 
Tamén é de destacar que un grupo de xente, desenvolveu unha versión en español, modificada que implementa máis funcionalidades cás que trae a versión orixinal. A páxina deste grupo de xente é a seguinte: Ligazón a UltraStar en español
 
 
 

Pin It on Pinterest

Share This