UBports Foundation lanzou a OTA-18 de Ubuntu Touch, con varias melloras de rendemento e actualizacións de varias apps.

Novidades: optimización do uso da RAM, apps de mensaxes actualizada con soporte para stickers, almacenamento de mensaxes mellorado.

O navegador web Morph agora pode abrir unha nova pestana dunha existente, conta con soporte para vista de teclado en pestanas en branco, e historial de navegación local. Os temporizadores e as alarmas poderanse pospoñer. Reprodución de contidos de son e vídeo máis fácil.

UBports segue traballando na migración de Ubuntu Touch a Ubuntu 20.04 LTS.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This