Canonical anunciou a posibilidade de actualizar de forma dinámica o kernel de Linux para Ubuntu mentres que se está a executar sen necesidade de reiniciar o equipo informático. Trátase de unha característica moi interesante para aplicar actualizacións de seguridade en equipos non é desexable o reinicio físico do mesmo como poden ser os equipos onde corren sistemas críticos como no sector bancario, ou contornos de alta dispoñibilidade.

Esta noca característica está dispoñible en Ubuntu dende a versión 16.04 LTS mediante un servicio de subscrición.

As actualizacións descargadas baixo os termos de este servizo son rigorosamente probadas e verificadas polo equipo de Canonical de Integración Continua e polo seu equipo de control e afianzamento da calidade. Estas actualizacións son probadas en centos de convinacións de parches, kernels, hardware etc. Estas actualizacións están enfocadas a corrixir en quente eivas críticas de seguridade.

Pin It on Pinterest

Share This