Ubuntu Core 22 conta agora con kernel en tempo real

Xoves, 23 Xuño 2022
Ubuntu Core 22 conta agora con kernel en tempo real

Canonical anunciou o lanzamento de Ubuntu Core 22, nova versión do sistema para IoT e dispositivos embebidos.

Ubuntu Core

Ubuntu Core 22 ten como base Ubuntu 22.04 LTS, é un sistema centrado no minimalismo e a seguridade para atender ao sector industrial. Os seus lanzamentos restrínxense ás versións de soporte estendido da edición principal de Ubuntu e o seu mantemento alóngase ata os dez anos de soporte.

Inclúen un sistema mínimo que reduce os erros e os riscos, containerización para garantir unha seguridade avanzada a partir dun confinamento estrito e pleno soporte do formato de paquetes Snap no que se basea.

O foco de Ubuntu Core apunta ao sector industrial en xeral, ás telecomunicacións, á automoción, a robótica, á domótica ou ás cidades intelixentes.

Novidades: Ubuntu Core 22 inclúe soporte de computación en tempo real cun kernel de alto rendemento e unha latencia mínima, aínda que esta función atópase en fase beta e seguridade mellorada coa integración de KMC Controls.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal