Ubuntu 20.04 LTS Focal Fossa

Martes, 28 Abril 2020

Nova versión LTS de Ubuntu, “Ubuntu 20.04 LTS Focal Fossa, chega con cambios importantes.

Destaca nesta versión a mellora do consumo de memoria, melloras na carga do procesador no procesamento de animacións con xanelas e movementos co rato, así como as melloras na contorna de escritorio.

Outras novidades destacadas

Kernel Linux 5.4.
Contorna gráfica GNOME 3.36.
Modo Non molestar.
Soporte mellorado para compartir pantallas en Wayland.
Mellorada a xestión en equipos con varias GPU.
Inclúese app Extensións para xestionar extensións de GNOME.
Soporte para WireGuard.
Python 3 por defecto.
Mellorado o soporte para ZFS.
Soporte para GDM multimonitor.
Escalado fraccionado en Xorg.
Paquetes actualizados coas últimas versións de software.

O resto de sabores de Ubuntu xa están tamén dispoñibles para a súa descarga na versión 20.04.

Máis información no blogue de Ubuntu

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal