Ubuntu 19.10 queda sen soporte

Mércores, 5 Agosto 2020

Ubuntu 19.10 remata o seu ciclo e queda sen soporte. Esta versión xa non recibirá máis actualizacións por parte de Canonical.

Ubuntu 19.10 foi lanzado o 17 de outubro de 2019, e tras nove meses remata a súa vida útil.

É aconsellable utilizar sempre unha versión LTS de Ubuntu, xa que contan cun tempo de soporte moito máis longo, sobre todo no caso da xente que está empezando a usar un sistema GNU/Linux.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal