Ubuntu 19.10 Eoan Ermine e derivadas publicadas

Venres, 18 Outubro 2019

Canonical lanzou Ubuntu 19.10 Eoan Ermine. As derivadas Ubuntu MATE, Ubuntu Kylin, Ubuntu Budgie, Kubuntu, Lubuntu, Xubuntu e Ubuntu Studio están tamén xa dispoñibles.

Características da versión 19.10: estará soportada durante 9 meses (non é unha LTS), soporte experimental para ZFS como root, compresión LZ4 (descompresión máis rápida dos datos), Linux 5.3, drivers NVIDIA incorporados na propia ISO, configurador de conexión sen fíos mellorado (soporte para WPA3), capacidade de acceder a unidades USB extraíbles conectadas desde o panel, GNOME 3.34 (polo que é a versión máis rápida), Kubuntu usa Plasma 5.16 e KDE Applications 19.08, Ubuntu MATE máis rápido e estable que versións anteriores.

A próxima versión de Ubuntu introducirá soporte completo para ZFS como root (lanzamento o 23 de abril de 2020).

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal