A nova versión Ubuntu 19.04 (con soporte para 9 meses) chega co kernel Linux 5.0, pila gráfica con mesa 19.02 e GNOME 3.32, “modo de gráficos seguro” como opción no menú de arranque, control de permisos de aplicacións, control da temperatura da luz nocturna e control de son mellorado.
Inclúe Firefox 66, Thunderbird 60, LibreOffice 6.2, así como ferramentas de desenvolvemento como GCC 9, Python 3.7.3, Ruby 2.5.5, PHP 7.2.15, Perl 5.28.1 ou Go 1.10.4.

Pin It on Pinterest

Share This