Ubisoft Animation Studio (estudo de Ubisoft Film & Television dedicado á creación de películas e series animadas), anunciou que usará Blender como ferramenta principal para crear os seus contidos dixitais. Ademais, apoiará o desenvolvemento de Blender como membro Gold Corporativo da Development Fund.

Blender é un dos programas de software libre máis usado por deseñadores para crear simulacións e e animacións 3D, incluso na industria cinematográfica e agora tamén na industria dos videoxogos (cos anuncios de Ubisoft e EPIC Games).

Ubisoft destinará desenvolvedores do seu persoal para traballar con Blender e utilizará a solución nas producións de Ubisoft Animation Studio, departamento de Ubisoft Film and Television.


Pierrot Jacquet, Líder de Produción en Ubisoft Animation Studio, dixo:
“Blender foi para nós unha elección obvia: A súa comunidade é forte e comprometida e está vinculada á visión proxectada pola Blender  Foundation, facendo que se converta nunha das DCC máis creativas do mercado.”

“O crecemento da nosa comunidade interna de Blender, así como as innovacións introducidas por 2.8, como unha UX de renderización en tempo real, Grease Pencil e o renovado EEVEE, convencéronnos de que era o momento adecuado para apoiar aos nosos artistas. e producións que querían agregar Blender á súa caixa de ferramentas.”

Tim Sweeney, fundador e CEO de EPIC Games dixo:
“As ferramentas, bibliotecas, e plataformas abertas son críticas para o futuro do ecosistema de contido dixital. […]  Blender é un recurso duradeiro dentro da comunidade artística, e o noso obxectivo é garantir o seu avance en beneficio de todos os creadores.“

Ton  Roosendaal, fundador e presidente de Blender Foundation, comentou:
“É un milagre ver á industria dar o salto a bordo.”

Blender 2.8, que verá a luz dentro de pouco, axudará a cambiar o sector do videoxogo e a animación 3D.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This