Tuxedo, empresa alemá que ofrece equipos informáticos compatibles con GNU/Linux, lanzou varios portátiles para gaming da súa gama Polaris, con pantalla de 15 e 17 polgadas.

Características técnicas: Chegan con procesador Intel Core i7-11800 H ou AMD Ryzen 7 5800 H a escoller. GPU dedicada incorporada RTX 3060 de NVIDIA con 6 GB de VRAM. Soportan de 8 a 64 gigas de RAM a 3.200 MHz, unha ou dúas unidades SSD PCIe (de 250 GB a 2 TB).

Teclado retroiluminado, porto RJ45, Wi-fi 6 AX 200 de Intel con Bluetooth 5.1. Os modelos con procesador de AMD contan con USB Type-C 3.2, os que equipan a CPU Intel contan con Thunderbolt 4. Ademais, HDMI 2.1 con HDCP 2.3, conector jack de 3,5mm para auriculares e conector de 3,5mm para micrófono. Batería de 62 Wh e catro celas.

Prezo base de 1.499 euros.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This