Traducida ao galego a última versión do BrazilFW

Novamente, o profesor Manuel González Regal do I.E.S. Xulián Magariños (Negreira), vén de facer outra aportación á comunidade: a tradución da última versión do BrazilFW, un Firewall/router baseado en Linux que pode executarse en PC antigos e colle nun disquete de 1,44 MBytes. Tanto a versión estable (BrazilFW 2.28) como a última versión en probas BrazilFW (2.29-4) foron remitidas ao proxecto BrazilFW para incluílas nas versións oficiais, pero xa poden descargarse dende a sección do BrazilFW no MAGASI en liña.

Aínda que se pode instalar en PC antigos, o BrazilFW funciona dun xeito equivalente a firewalls comerciais para uso personal ou pequenas empresas. 

Os principais obxectivos do BrazilFW son:

  • Compartir unha conexión de banda ancha en Internet.
  • Actuar de firewall, protexendo os PC conectados a el.

BrazilFW posúe, entre outras, as seguintes funcionalidades:

  • Servidor e cliente DHCP, servidor DNS caché, servidor SSH, servidor Proxy Squid (Http Cache).
  • Servidor Web para realizar tarefas de administración.
  • Soporte para 3 interfaces de red (WAN/LAN/DMZ) vía interface web.
  • Ata 3 enderezos IP WAN, ata 3 enderezos IP LAN e ata 3 enderezos IP DMZ (vía web).
  • Cliente PPPoE e soporte para Modem Dial-up.
  • Network Address Translation/ Masquerading e Port forwarding.
  • QoS (Quality Of Service).
  • Soporte de Bridge Firewall.
  • Regras de filtrado de tipo Stateful (dinámicas) e stateless (estáticas).
  • Soporte de Firewall a Nivel 7 (Layer 7 ou capa de Aplicación).
  • Syslog remoto.
  • Regras de control de acceso e de administración.
  • Regras separadas de configuración por subrede e por interface.
  • Regras de filtrado IPTABLES personalizadas.

BrazilFW pode funcionar en calquera 486 con a lo menos 16Mb de RAM non sendo necesario ter disco duro, xa que cabe nun único disquete. No entanto, é posible usar un disco duro para que o sistema se inicie máis rápido.

Esta última versión (BrazilFW 2.29-4) inclúe novas funcionalidades como: balanceo de carga, soporte para unha segunda interface LAN e WAN e asignación estática dirección IP-dirección MAC.
 
Fonte.- I.E.S. Xulián Magariños 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal