Martes, 26 Xullo 2022

Tor Browser 11.5

Enlace externo

O Proxecto Tor anunciou o lanzamento de Tor Browser 11.5, última versión estable do navegador web de software libre para a navegación anónima pola Internet e para poder conectarse a Tor desde rexións fortemente censuradas. Tor Browser está construído sobre Tor e Mozilla Firefox.

Tor Browser

imagen

A nova versión agrega a detección automática da censura e pode eludila a través dunha nova característica chamada Connection Assist (aplica automaticamente a mellor configuración de ponte para a túa localización co fin de evitar a censura na rede Tor).

Opción renovada da rede Tor chamada Connect. Opcións simplificadas de Bridge, as novas pestanas de Bridge con novas opcións para compartir Bridges a través de códigos QR únicos, a posibilidade de ver o estado da túa conexión tal e como se coñeceu por última vez, así como unha opción para probar unha conexión a Internet sen Tor.

captura

Novo modo HTTPS-Only habilitado por defecto para mellorar a seguridade, a eliminación do uso do complemento HTTPS-Everywhere, soporte para OpenSSL 1.1.1q, Tor Launcher 0.2.37, e varias correccións de erros.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal