Todos os centros educativos de Galicia terán o OpenOffice.org

Todos os centros educativos de Galicia terán o OpenOffice.org
http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Innovación e Industria enviarán a todos os centros educativos de Galicia un CD-ROM co OpenOffice.org en galego, xunto co seu corrector lingüístico. A iniciativa é a primeira dunha serie de accións que se esperan concretar no ano 2007 e que abranguen, entre outras, a formación para o profesorado no paquete ofimático e soporte técnico.

 
O OpenOffice.org en lingua galega comprende un conxunto completo de aplicacións para o traballo ofimático como son, o procesador de textos, unha folla de cálculo, unha base de datos, un xerador de presentacións multimedia, un programa de debuxo, un editor de ecuacións matemáticas e outras ferramentas, ademais dun corrector ortográfico de galego totalmente integrado.
 
O ámbito educativo é un sector clave no que, ademais de propiciar o coñecemento e a difusión deste software por toda a cidadanía galega, a presenza destes programas achegan importantes vantaxes polas súas propias características de libre disposición, de adaptabilidade e de posibilidade de dispoñer del en galego. 
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal