O cliente de correo Thunderbird incorporará OpenPGP, para a xestión de claves e cifrado de correo, no seu código de forma predeterminada e non soamente como un complemento externo (a través de Enigmail) como o fai actualmente.

A versión de Thunderbird 68.x (mantida ata outono de 2020) será a última que poida utilizarse con Enigmail.

Thunderbird 78 ofrecerá un asistente para poder migrar os axustes e claves que utilizamos.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This