Thunderbird 102 conta con soporte para Matrix

Luns, 4 Xullo 2022
Thunderbird 102 conta con soporte para Matrix

Thunderbird 102, cliente de correo libre de Mozilla, chega con melloras na interface, un novo caderno de direccións e soporte para o protocolo Matrix.

Novidades de Thunderbird

– Novo caderno de direccións, totalmente redeseñado, compatible coas especificacións de vCard.
– Incorporación dunha barra de ferramentas de espazos que proporciona un acceso fácil e rápido ás principais actividades (correo electrónico, caderno de direccións, calendario, tarefas, conversacións de chat e complementos).
– Ferramenta de importación e exportación. A importación soporta configuracións procedentes doutras instalacións de Thunderbird, SeaMonkey, Becky! Internet Mail e desde un ficheiro.
– Redeseño das cabeceiras das mensaxes de correo electrónico.

– Soporte para Matrix, protocolo de comunicacións descentralizadas e de software libre. Matrix soporta conversacións de texto, VoIP e transferencia de ficheiros usando cifrado de extremo a extremo.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal