TeXstudio (editor de LaTex multiplataforma e software libre), xurdiu en 2009 como un fork de Texmaker, co obxectivo de sumarlle funcións.
Funcións destacadas: marcadores, autocompletado de comandos, coloreado de sintaxes, menús, soporte de arrastrar imaxes, asistente para a creación de táboas, fórmulas, soporte integrado de diversos compiladores de LaTeX e máis de 1.000 símbolos matemáticos, entre outros.
Novidades de TeXstudio 3.0.0
– Aceleración da análise dos documentos.
– Revisión ortográfica de forma asincrónica.
– Resaltado personalizado textual / matemático.
– Mellor soporte do modo escuro.
– Dispón dun comprobador de referencias interactivo.
– Visualización clara de erros e advertencias de LaTeX.
– Ferramentas de índice, bibliografía e glosario.
– Totalmente personalizable para a creación do documento completo.
– Visor de PDF integrado.
– Vista previa en liña con actualización en vivo para fórmulas, segmentos de código e coa vista previa de información sobre ferramentas para imaxes incluídas.
– Detección automática de MikTeX, TeX Live, Ghostscript e Standardlatex.