Como comentabamos a semana pasada, a Cidade da Cultura vaise converter os días 24, 25 e 26 no escenario ideal para a celebración da terceira edición da Galicia Maker Faire.

O acto foi presentado onte en rolda de prensa conxunta entre unha das organizadoras do evento, Matilde Rodríguez, e Marta Lois, concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo do Concello de Santiago de Compostela, como un gran escaparate para a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos e disciplinas.

Desta volta o evento, despois de ter decorrido en Área Central no 2015 e no Pazo de Congresos no 2016, múdase a Cidade da Cultura, espazo sen parangón para dar visibilidade aos obradoiros e exposicións. Gracias a isto, as organizadoras decidiron dar un novo aire ao evento ampliando a duración para abeirar unha xornada exclusiva ao networking empresarial. Para todo isto contaron coa colaboración do Departamento de Promoción Económica do Concello.

No sitio web oficial da Galicia Maker Faire poderedes atopar toda a información polo miúdo.

Noticias relacionadas.

Pin It on Pinterest

Share This