O próximo 9 de Outubro, de 10:00h a 10:45h, terá lugar unha demostración en liña de Odoo (software de xestión avanzado na nube e que facilite a comunicación entre os compañeiros), no CDTIC.

Porque o teletraballo, por mor da crise sanitaria derivada da COVID-19, viu para quedarse e porque é realmente necesario que as empresas comecen, de verdade, a dixitalizarse.

Odoo

Odoo posibilita todo isto a través dunha xestión empresarial completa pero ao mesmo tempo sinxela e intuitiva, aforrando tempo de xestión e sobre todo facilitando o acceso a información de todas as áreas do negocio de forma integrada.

Ademais, contando cunha empresa próxima e con experiencia o éxito está garantido, mantendo uns custos moderados. En comparación con outros softwares privativos, Odoo proporciona unha cobertura funcional completa cun custo de implantación, operación e mantemento moito máis reducido.

Actividade pensada para pemes e emprendedores que queren modernizar a súa xestión, e ter acceso a toda a información da súa operativa.

Programa

– Que é? O ERP de software libre máis implantado a nivel mundial
– Funcionalidades destacadas: CRM, Vvendas, compras, facturación, almacén, contabilidade, produción, RRHH…
– Requerimentos. Un servidor e conexión a internet

Organizan

Amtega e Anubía Soluciones en la Nube.

Inscrición

Podes inscribirte a través desta ligazón.

Imparte

Anubía Soluciones en la Nube
Partner oficial de Odoo con máis de 7 anos de experiencia.

 

Agasol (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre)
Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutoras dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Máis información na web do CDTIC

Pin It on Pinterest

Share This