Telegram xa permite facer videochamadas cifradas

Martes, 25 Agosto 2020

Telegram cumpre 7 anos e chega coa nova función de videochamadas, pero de momento en versión alfa.

Telegram naceu en 2013 como unha pequena aplicación enfocada na mensaxería segura e desde entón creceu ata converterse nunha plataforma con máis de 400 millóns de usuarios. Agora, Telegram é utilizada ao redor de todo o mundo.

As videochamadas están dispoñibles para Android e iOS. Pódese iniciar unha videochamada desde a páxina de perfil do teu contacto e acender ou apagar o vídeo cando queiras durante as chamadas de voz.

Todas as videochamadas están protexidas con cifrado end-to-end. Para confirmar a túa conexión, compara os catro emojis que aparecen en pantalla para ti e para o teu compañeiro de chat. Se coinciden, a túa chamada está 100% protexida por un cifrado probado ao longo do tempo que tamén é utilizado nos chats secretos e nas chamadas de voz de Telegram.

As videochamadas recibirán máis características e melloras en futuras versións (e tamén se incluirán videochamadas grupais).

Máis información no blog de Telegram

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal