TEGNIX SL ofrece documentación escrita e audiovisual sobre OpenOffice.org en galego

TEGNIX SL ofrece documentación escrita e audiovisual sobre OpenOffice.org en galego
OpenOffice.orgA empresa CTI TEGNIX SL vén de traducir diversos capítulos do manual de OpenOffice.org Guía de Iniciación de OOo-Authors como parte do curso sobre esta suite ofimática que impartirá no CIS Galicia. Ademais desta adaptación ao galego a empresa engadiu textos explicativos e vídeos didácticos. O material traducido é unha selección que permite realizar cursos básicos sobre as aplicacións máis populares como Writer, Calc, Base ou Impress. Estes materiais ofreceranse á comunidade con licenza Creative Commons 2.5 Recoñecemento. Pódese acceder a eles na sección de Descargas da nosa web, na categoría Documentos, Textos, Guía OpenOffice.org
 

A intención de Tegnix é crear unha comunidade galega de OpenOffice.org que axudara a traducir o material restante. Tegnix ten pensado tamén organizar un evento dirixido á formación desta comunidade. Partiríase deste traballo para completalo e logo actualizalo, abríndoo á participación da comunidade con ferramentas tipo wiki ou afíns.
 
A guía consta de 7 documentos, 173 páxinas e máis de 35.000 palabras na que participaron tres persoas na tradución e outra encargada dos vídeos.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal