System76 (coñecida compañía estadounidense dedicada á fabricación de equipos informáticos con GNU/Linux e ao desenvolvemento da distribución Pop!_OS), anunciou o lanzamento ao mercado de Launch, teclado mecánico de código aberto e moi configurable. O chasis está publicado baixo CC- BY-SA-4.0, a PCB baixo GPLv3, o firmware baixo GPLv2 e a aplicación baixo GPLv3. Conta tamén coa posibilidades para configurar a luz RGB. Por agora só está dispoñible baixo a distribución QWERTY inglesa de Estados Unidos.

A través da aplicación de configuración, (dispoñible para GNU/Linux, Windows e macOS), é posible personalizar a iluminación e a configuración do teclado. Conta con dous portos USB Type-C e dous portos USB Type-A con soporte de USB 3.2. Pode ser comprado na tenda oficial da compañía ao prezo base de 285 dólares.

Vídeo sobre o teclado:
https://www.youtube.com/watch?v=RUSw00yboqs&t=1s

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This