Taller sobre “Fabricación dixital I” no Punto SmartPeme Barro-Meis

Martes, 1 Outubro 2019

Continúan en outubro as actividades do programa SmartPEME, capacitación tecnolóxica para PEME, profesionais e autónomos da Deputación de Pontevedra.

Estas actividades buscan facilitar “a adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia de Pontevedra ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes co obxectivo de aumentar a súa competitividade”.


O 3 de outubro, en horario de 17.00 a 21.00 horas, terá lugar o obradoiro “Fabricación dixital I” no Punto SmartPeme Barro-Meis.

As novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital.

Este taller é unha introdución á Fabricación Dixital no que se verán os conceptos básicos da impresión e o deseño 3D, coa ferramenta libre FreeCad.

FreeCad

FreeCAD é unha aplicación libre de deseño asistido por computadora en tres dimensións, pensada para a asistencia en enxeñería mecánica e o deseño de elementos mecánicos. Está baseado en Open CASCADE e programado nas linguaxes C++ e Python.

Índice de contidos

– Presentación do taller e declaración de obxectivos
– Fabricación Dixital, en que consiste
– Impresión 3D I:
Que é unha impresora 3D? Para que serve, que podemos facer…
Un pouco de historia, movemento, Rep Rap, métodos de impresión 3D
Aspectos técnicos da impresora 3D FFF
Obtención de modelos 3D


– FreeCad I:
Que é FreeCAD?. Descarga, instalación e setup
Primeiros pasos, menús e navegación
Cubo, menú datos e vista, nomear, gardar, copiar
Invisibilidade, traslado e unións
Sistema de referencia, local e global – Rotacións
– Exercicios

Imparte

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.

Inscrición

A inscrición pode facerse a través desta web.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal