O vindeiro sábado 3 de novembro, na Casa da Xuventude de Betanzos, en xornada de mañá, terá lugar un novo taller avanzado de uso da ferramenta de manipulación de imaxes libre GIMP.

A agrupación fotográfica de Betanzos Nfoca8 organiza outra volta máis un curso de uso avanzado de GIMP, o programa de manipulación de imaxes por excelencia no mundo do software libre.

Hoxe en día este programa é unha excelente escolla tanto para realizar retoques en fotografías como para crear montaxes ou realizar deseños dixitais. A súa interface de usuario atópase localizada tanto ao castelán como ao galego e conta con versión para GNU/Linux, Microsoft Windows e Mac OS X.

O evento está enfocado para persoas ás que lles guste a fotografía e queiran coñecer técnicas par mellorar as súa fotografías, ten unha duración de 3 horas, terá un custe de 3€ para as persoas socias e 6€ para non socias. O asistentes deberán levar un portátil e recoméndase ter GIMP xa instalado nel. Para descargalo pódese acceder á páxina oficial de descargas.

Tanto para apuntarse ao curso como para recibir máis información sobre o mesmo pódese contactar por correo electrónico con Jorge Lama.

Pin It on Pinterest

Share This