SystemRescue 8, con soporte para exFAT

Luns, 29 Marzo 2021
SystemRescue 8, con soporte para exFAT

SystemRescue 8, versión máis recente antes coñecida como SystemRescueCd. Kit de ferramentas de rescate para administrar ou reparar o seu sistema e os seus datos despois dun accidente.

Pódese utilizar tanto en computadores GNU/Linux como en Windows e non require de instalación. É compatible con todos os sistemas de arquivos importantes (ext4, xfs, btrfs, vfat, ntfs), así como con sistemas de arquivos de rede como Samba e NFS.

Novidades: contorna de escritorio Xfce 4.16, kernel Linux 5.10 LTS e substitución de exfat-utils por exfatprogs para mellorar o soporte do sistema de ficheiros exFAT. Conta con Parted 3.4, GParted 1.2, btrfs-progs 5.10.1, xfsprogs 5.10.0, e2 fsprogs 1.46.2, nwipe 0.30, Dislocker 0.7.3, FSArchiver 0.8.6, exfatprogs 1.1 e memtest86+ 5.01, entre outros.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal