Syncthing, software libre multiplataforma para a sincronización de arquivos (dispoñible para Gnu/Linux, Windows, Mac OS e Android) publica nova versión 1.2.0.
Novidades: novo protocolo de transporte QUIC con NAT transversal, o uso de bloques pequenos e fixos declarouse obsoleto (agora utilízanse grandes bloques de tamaño variable para indexar e transferir o contido dos arquivos), informes automáticos de fallos, a interface proporciona a visualización do último erro de conexión, na WebUI o deseño das columnas está optimizado para unha visualización correcta en pantallas estreitas.
Máis información

Pin It on Pinterest

Share This