A historia do “porting” a MacOSX é basicamente tan vella coma o OpenOffice.org en si mesmo. Practicamente dende o comezo houbo un plan para ter a versión nativa para Mac, sen embargo como primeiro paso a comunidade decidiu traballar nun port X11 como solución rápida temporal. E pasado o tempo esta solución converteuse na única.
Agora Sun está a xuntar esforzos para ter o OpenOffice.org para Mac/Aqua dado que Apple ten unha cota de mercado significativa nos contornos de escritorio e hai unha comunidade activa que amosa o seu interese.
» Máis información: Blogs de Sun