As organizacións e axencias do goberno federal suízo pronto serán libres de compartir o código fonte das súas solucións de software como código aberto.

Ademais, os desenvolvedores de software que traballan para o goberno federal deberían poder formar parte das comunidades de código aberto. O goberno quere incluír isto na lei federal, de acordo coas novas Directrices sobre o Código Aberto no Goberno Federal, feitas públicas fai pouco.

As novas regras serán parte dunha versión actualizada da ‘Bundesgesetz über die Digitale Verwaltung’ (Lei Federal sobre a administración dixital).

Directrices para o código aberto no goberno federal

Estas normas eliminarán, entre outras cousas, as barreiras xurídicas que impiden compartir o software como código aberto e participar nas comunidades de código aberto.

“Isto confirmará formalmente a práctica actual”, dixo a asociación comercial suíza de código aberto CH Open nunha declaración na que acollía con satisfacción as directrices.

As directrices ofrecen recomendacións e coñecementos de fondo sobre o uso e a difusión do software de código aberto. O documento de 21 páxinas equilibra os pros e os contras da apertura.

No primeiro capítulo preséntase unha lista de vantaxes, entre elas a ausencia de dereitos de licenza, a compartición de recursos, o aumento dos coñecementos técnicos e a mellora da interoperabilidade. Esas vantaxes poden verse compensadas, por exemplo, polos custos xa incorridos polo bloqueo do provedor de tecnoloxía da información, o investimento inicial para obter coñecementos especializados sobre o código aberto e a necesidade de facer fronte aos cambios nas responsabilidades e as necesidades de apoio.

“As comunidades de código aberto céntranse no produto e dedican pouco tempo á comercialización”, advirten as directrices.

“Isto pode crear a falsa impresión de que non hai unha solución de código aberto dispoñible”. O texto refírese a portais como AlternativeTo, que enumeran e comparan solucións similares.

O texto tamén detalla os pormenores da concesión de licenzas de código aberto, describe modelos comerciais de código aberto e dá exemplos de ferramentas e solucións utilizadas para avaliar a calidade do software de código aberto.

Máis información na nova de joinup

Pin It on Pinterest

Share This