A conferencia da comunidade de OpenStreetMap, State of the Map 2021, terá lugar do 9 ao 11 de xullo de 2021, en formato en liña.

Durante a conferencia, haberá unha transmisión en vídeo das charlas, paneis, charlas lóstrego e sesións de preguntas e respostas. Ademais, haberá salas de chat para discusións e postos virtuais de patrocinadores, así como sesións de traballo interactivas que poden ser reservadas por grupos de interese mutuo ou utilizadas sen planificación previa.

A pista principal da conferencia coa maioría das charlas do programa xeral e académico poderá verse en directo a través desta ligazón:
https://2021.stateofthemap.org/stream/

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This