State of the Map 2020, conferencia en liña

Xoves, 25 Xuño 2020

State of the Map 2020 será este ano unha conferencia virtual, entre o 4 e 5 de xullo, organizada pola comunidade de OpenStreetMap.

State of the Map

“State of the Map” é o evento anual para todos os usuarios de OpenStreetMap. Punto de encontro tanto para cartógrafos afeccionados, científicos, ONG, axencias gubernamentais e empresas de calquera tamaño.

Charlas, debates, talleres, sprints de código e documentación, relacionados con OpenStreetMap (mapa libre e aberto, que calquera pode modificar).

Programa

Tedes todo o programa completo na web oficial.

Sesións autoxestionadas

Xunto ao programa principal, a organización ofrece espazos para sesións autoxestionadas. Nos últimos anos tiveron un gran éxito e moitos temas adáptanse mellor en grupos máis pequenos. Máis información sobre estes espazos autoxestionados na wiki dedicada.

Máis información na web oficial do evento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal