SQLite conta con unha nova versión

Luns, 31 Agosto 2020

A versión número 3.33 é a nova versión deste sistema xestor de bases de datos lixeiro chamado SQLite e cuxo código fonte é de dominio público. Este software destaca porque nel toda a base de datos pode ser almacenada nun único ficheiro e porque está deseñado como biblioteca que se pode integrar en calquera tipo de proxecto de software.

A nova versión conta con algunhas novidades como o soporte da instrución “UPDATE FROM” seguindo a sintaxe de PostgreSQL ou o aumento do tamaño máximo dos ficheiros da base de datos ata 281 TB, así mesmo a ferramenta de terminal engade 4 novos modos para a mostra de información (“box”, “json”, “markdown” e “table”).

Máis información.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal