Mancomún

SourceForge inicia o ano cunha renovación

Luns, 22 Xaneiro 2018

Xa hai uns días que SourceForge, a que foi en tempos a maior e máis usada plataforma de descarga de software libre, apareceu con unha renovación importante.

Poñéndonos en contexto, SourceForge comezou en 1999 e foi o primeiro sitio centralizado onde se podía atopar software libre, era un sitio onde os desenvolvedores podían subir o seu software e os usuarios podían descargalo e facer comentarios sobre el etc… Os seus servizo ofrecíanse de balde, aínda que había anuncios nas descargas e tiveron problemas porque aloxaban programas que eran malware.

Pero esa mala época pasou, no 2016 SourceForge cambiou a xestión e agora poderemos ver os froitos desa nova xestión, os detalles das novidades podes velos na páxina de SourceForge, anque vos deixamos un breve resumo das melloras que acaba de incorporar SourceForge ao seu portal:

  • Eliminación de adware dos proxectos.
  • Implementación de detectores de malware para todos os proxectos.
  • Posibilidade de dobre autenticación.
  • Crearon unha ferramenta coa que poder denunciar anuncios abusivos e intrusivos.
  • Desenvolvemento de un test de velocidade en HTML5.
  • Soporte de HTTPS para os proxectos aloxados.

Se ben é verdade que en SourceForge hai máis de 430000 proxectos e máis de 3 millóns de desenvolvedores rexistrados esta plataforma de forxa estaba perdendo moita influencia fronte a outras como GitHub. A nova xestión, tendo en conta isto, tamén desenvolveron unha ferramenta de importación de proxectos de GitHub, podendo así ter o teu proxecto con presenza nas dúas plataformas facilmente.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal