Este xoves 20 de novembro de 16:00 a 20:00 horas celebrarase no CDTIC, un seminario de formación que leva por título “Xestión integral de empresas con Software Libre”. O seminario será tamén retransmitido por streaming a través doportal do CDTIC.

Banner do seminario de Xestión integral de empresas con Software Libre

O seminario correrá a cargo de Santiago Argüeso Armesto, director técnico na empresa Pexego Sistemas Informáticos, que conta con máis de sete anos de experiencia realizando implantacións de software libre de xestión en diversos sectores.

A actividade está orientada, principalmente, para profesionais autónomos e para perfís directivos, xestores, mandos intermedios ou responsables do departamento informático de pemes e micropemes.
O seminario contará cunha primeira parte teórica na que se explicará que é un software de xestión integral de empresa (ERP) e cal é a súa utilidade, mostraranse distintas solucións ERP en software libre e indicaranse cales son os criterios aos que se debe prestar atención para seleccionar un ERP libre e un provedor. Na segunda parte da xornada exporase un caso práctico no que se demostrará como traballar cun ERP libre, dende a venda en liña ata a contabilidade con Odoo (anteriormente coñecido como OpenERP).

As persoas asistentes a esta actividade poderán coñecer as alternativas en software libre para a xestión integral dunha empresa e comprobarán de primeira man as vantaxes de aplicar estas solucións ao seu negocio, dende a completa integración dunha tenda en internet ata a xestión contable e financeira da empresa, pasando pola clientela, os provedores, os pedidos ou a xestión do almacén.

A asistencia ao seminario é completamente gratuíta, sendo únicamento preciso a inscrición previa. Para inscribirse cómpre rexistrarse previamente como usuario do CDTIC obtendo así un Espazo Usuario no Web do CDTIC dende o que poderedes:

  • Inscribirvos nas próximas actividades
  • Levar un histórico das actividades nas que teñades participado
  • Descargar documentación asociada ás mesmas
  • Cubrir on-line os cuestionarios de satisfacción relativos ás actividades nas que participedes.

Este seminario forma parte da oferta formativa en software libre no CDTIC dentro do Plan de Acción en materia de Software Libre 2014.

Pin It on Pinterest

Share This