O 17 de marzo, en horario de 09:30 a 13:30 horas, terá lugar o seminario sobre “Solución de problemas comúns nun clúster de Kubernetes” no CNTG.

Esta xornada proporcionaralle algunhas ideas para a solución dos problemas comúns que pode atopar co seu clúster de Kubernetes.

Kubernetes

Kubernetes é un sistema de código aberto para a automatización do despregamento, axuste de escala e manexo de aplicacións en contedores que foi orixinalmente deseñado por Google e doado á Cloud Native Computing Foundation (parte da Linux Foundation). Soporta diferentes contornas para a execución de contedores, incluído Docker.

Os problemas de Kubernetes non sempre son fáciles de detectar. Nalgúns casos, os erros son obvios e poden resolverse facilmente; noutros, é posible que a aplicación implementada non responda, pero detectar o erro require profundizar e executar varios comandos para identificar que saíu mal.

Relator

O relator da xornada será Alberto García, docente en Factor Humano Formación, con máis de 15 anos de experiencia como formador e técnico especializado na administración de sistemas, virtualización, cloud en contornas Linux e en arquitecturas Middleware. Posúe, entre outras, certificacións LPIC-1, LPIC-2, LPIC-3 Administrator, VCP, Oracle Solaris System Administration e MCITP.

Temario

Kubernetes, conceptos básicos
Tipos de obxectos
Estratexias de despregamento en Kubernetes
Helm
Solución de problemas nos despregamentos de Kubernetes:
-Definición de compoñentes e as súas relacións
-Conectando despregamento e servizos
-Conectando servizos e Ingress
-Depuración Ingress-Nginx

Período de inscrición

03/03/2020 – 16/03/2020

Máis información e inscrición na web do CNTG

Pin It on Pinterest

Share This