SOLES WS 1.0, Software Libre para empresas de economía social

SOLES WS 1.0, Software Libre para empresas de economía social
http://www.mancomun.org/images/stories/soles.jpg SOLES WS 1.0 é unha distribución GNU/Linux dirixida a PC de escritorio en contornas corporativas da economía social e a usuarios con calquera nivel de experiencia tanto con computadores como con GNU/Linux. Dispoñible para procesadores [[Intel]] e [[AMD]] de 32 bits, SOLES WS 1.0 ofrece un escritorio completo, estable e intuitivo que facilita o acceso a GNU/Linux e que inclúe todas as posibilidades que calquera usuario pode demandar: ofimática, Internet, multimedia, educación, lecer, etc, xunto cos máis completos sistemas de seguridade, como unha devasa persoal, un analizador de virus de Windows e un filtro de correo lixo. En definitiva, SOLES WS 1.0 combina a robustez e estabilidade de GNU/Linux, a potencia e versatilidade de [[Debian]] e a amigabilidade e usabilidade do escritorio [[KDE]]…
 

A idea parte da “Confederación de Entidades para la Economía Social de Andalucía” (CEPES-Andalucía) que, en colaboración coa Administración autonómica, desenvolveu e financiou esta nova distribución do sistema operativo libre GNU/Linux destinada a escritorios corporativos, que bautizaron como ‘SOLES‘.

O conxunto de ferramentas inclúe “sistemas creados desde cero e adaptacións de aplicacións informáticas xa existentes“, sinalou o responsable do departamento de “Investigación y Desarrollo” (I+D) de CEPES, Álvaro Gutiérrez.
 
Esta primeira edición ofrece como unha das características máis destacadas a inclusión dunha única ferramenta por cada tipo de tarefa, no canto de ofrecer centos de paquetes entre os que o usuario vese perdido, potenciando unha experiencia satisfactoria co sistema. Así mesmo, SOLES WS 1.0 ofrece un completo catálogo de aplicacións de xestión, destacando o software de xestión societaria SOLES Societaria e o ERP BulmaGés adaptado á economía social andaluza. Finalmente, a plataforma completa a súa oferta de software co núcleo 2.6.17 optimizado para escritorios, Xorg 7.0, KDE 3.5.5, OpenOffice.org 2.0 con dicionarios en español, Mozilla Firefox 1.5 e numerosos paquetes máis orientados aos usuarios corporativos, como acceso a dispositivos móbiles, correo electrónico, mensaxería instantánea, deseño gráfico ou gravación de CDs e DVDs.

 
SOLES WS 1.0 ofrece adicionalmente:
  • un sistema de instalación mellorado e máis intuitivo
  • o soporte e a xestión mellorada de todo tipo de hardware moderno: discos SATA, Bluetooth, Wi-Fi, modems ADSL, tarxetas aceleradoras 3D, móbiles e PDAs, tarxetas sintonizadoras de TV, etc.
  • o soporte específico para portátiles: dispositivos PCMCIA, control de aforro de enerxía, xestión do touch pad, etc.
  • un sistema de menús organizado e intuitivo
  • un completo abano de ferramentas de administración do sistema, integradas no Centro de Control de KDE
  • un completo buscador do escritorio
  • un acceso sinxelo a Internet e a redes privadas virtuais
  • diversos “plugins” para enriquecer a navegación pola Web
  • unha maior seguridade grazas á devasa persoal, ao analizador de virus de Windows e ao filtro de correo lixo
  • o soporte de execución de software para Windows a través de Wine
  • asistentes que facilitan a instalación de software de licenza non libre e que non se puido incluír nos CDs de SOLES WS, como as fontes TrueType de Microsoft ou o Acrobat Reader de Adobe
  • un completo sistema electrónico de axuda
  • un portal web de servizos avanzados

e moitas ferramentas e aplicacións para que o usuario non bote nada en falta.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal