SOGo, outra alternativa libre a MS Exchange

Luns, 4 Outubro 2010

No mundo empresarial, a necesidade de coordinar equipos de traballo implica, cada vez máis, unha boa xestión de axendas. Compartir e sincronizar reunións, tarefas ou cadernos de contactos, son accións moi habituais en calquera organización. Con tal fin existen ferramentas orientadas ao público empresarial, como Microsoft Exchange ou algunhas alternativas libres como, por exemplo, Zimbra ou Open-Xchange. Outra opción, para implantar un sistema de axenda compartida, compatible con Outlook e Thunderbird e que, ademais, permite sincronización sen fíos con smartphones é SOGo.

Logo do aplicativo SOGo SOGo (Scalable OpenGroupware), toma como base o proxecto Opengroupware, e ofrecEsquema de conectividade de SOGO e un xestor de tarefas, axenda e contactos compartidos, ideal para coordinar equipos de traballo, xestionar de maneira individualizada o tempo ou xestionar axendas de maneira delegada, por exemplo, entre un directivo e o seu asistente. Loxicamente, a posibilidade de compartir datos leva aparellada unha completa xestión de permisos, para controlar quen ten acceso á información e quen pode, ademais de acceder, modificala.

Un dos puntos fortes de SoGo , ademais de ser software libre, é a súa capacidade de sincronización con dispositivos móbiles, apoiándose noutro proxecto de código aberto, Funambol.
Esquema de conectividade de SOGO

A capacidade de SOGo de adaptarse a case calquera tipo de cliente, permite visualizar a mesma información desde un teléfono móbil, desde Thunderbird, Outlook, un navegador web ou o iCal de Apple , o que o converte nun sistema versátil e todoterreo, candidato a substituír unha instalación de Microsoft Exchange existente ou planificada.

SOGo susténtase sobre un servidor web Apache, unha base de datos PostgreSQL, un directorio LDAP e un servidor IMAP que utilizará ao servidor LDAP como backend de autenticación, e emprega os estándares CalDAV, CardDAV, GroupDAV, IMAP e SMTP.

Fonte: Bitelia

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal