Software Libre no gremio artístico

Segundo o estudo feito pola firma IDC sobre o uso das ferramentas de programación dos desenvolvedores de software, o 71% dos 5000 enquisados din que usan ferramentas de Software Libre para os seus proxectos e a metade destes contesta que estas creacións fixeron medrar ás empresas nas que traballan.

Pero lonxe de toda realidade do Software Libre no campo do desenvolvemento de software está o sector dos deseñadores e en xeral o gremio de artistas gráficos resistentes a colaborar coa comunidade, aínda que haxa licenzas libres que protexan os seus traballos.

Pódese pensar nas iconas, axudas, menús, botóns, etc. que van dentro das aplicacións que usamos a cotío. Ninguén vai gañar recoñecemento, como algún destes pretenden, por facer elementos gráficos que fan moita falta, tanto ou máis que moito do código que está por debaixo.

Un claro exemplo da reticencia á colaboración deste coletivo co Software Libre é o caso do navegador Mozilla Firefox. Mozilla di que as imaxes do logo do navegador, un raposo sobre a bola do mundo, non poden ser usadas nas distribucións GNU/Linux nas que o código fonte deste sexa modificado, coma no caso de Ubuntu GNU/Linux ou Debian GNU/Linux.

Cal é o problema? Teñen que asumir implicitamente os programadores un altruismo que os deseñadores gráficos non queren asumir? Por qué existe máis código fonte que recursos gráficos dispoñibles baixo licenzas libres?. Hai faladurías que din que é polo tema do ego, pero as comunidades de desenvolvedores de Software Libre cren que moitos destes programadores crense verdadeiros deuses ou heroes e aínda así, colaboran activamente co Software Libre.

Artigo completo: linuxworld.com.au

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal