Software Libre Científico, Edición 2019

Martes, 9 Abril 2019

Co obxectivo principal de compartir coñecementos e experiencias arredor do Software Libre de uso Científico, así como presentar a versión 4.0 de BioStatFLOSS, o 25 de abril na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC terá lugar a segunda edición da “Xornada de presentación de software con licenza libre para uso científico”, organizado pola Asociación MeLiSA e que conta co apoio da AMTEGA e da Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela.

Esta xornada, busca ser unha primeira toma de contacto con alternativas de software libre que se poidan utilizar para o desenvolvemento da labor investigadora ou docente (tanto docentes coma alumnos). Presentaranse casos de éxito en diversos campos como a matemática, enxeñería, programación, ciencias da saúde, etc.

No ámbito da ciencia e docencia, a utilización de software do que non se dispón do código fonte, que non se pode adaptar ás necesidades cambiantes ou compartir libremente dentro dos grupos de traballo, sumado á política restritiva de licenzas e dos custos asociados á utilización de software privativo, fai imprescindible ter alternativas que suplan estas necesidades como as que se verán este día.

Localización do evento

Geo URI: geo:42.87433,-8.55832?z=19

Ollar un mapa máis grande

Programa do evento

  • 9:00 – 9:15 Recepción de asistentes
  • 9:15 – 9:30 Inauguración e benvida (Rafael Rodríguez Gayoso Presidente de MeLiSA)
  • 09:30 – 10:00 Ciencia en aberto (Rosa Crujeiras Casais)
  • 10:00 – 10:30 Cálculo con software libre: Octave e Sagemath (Francisco Pena Brage)
  • 10:30 – 11:00 Ferramentas útiles para desenvolvedores (Juan Carlos Arroyo Condor)
  • 11:00 – 11:30 Descanso – Pausa café
  • 11:30 – 12:00 CKAN: datos abertos e accesibles (Rafael Rodríguez Gayoso)
  • 12:00 – 12:30 Sistemas de información xeográfica: QGIS (María José Ginzo Villamayor)
  • 12:30 – 13:00 BioStatFLOSS 4.0: Escolma de Software Libre Científico para Windows (Miguel Ángel Rodríguez Muíños)

O acceso é libre, e a inscrición de balde.

Proxectos presentados

  • BioStatFLOSS 4.0: Recompilación de software portátil para Windows para facer estudos de saúde en xeral.
  • GNU Octave: Programa para facer cálculos numéricos considerado o equivalente libre de Matlab.
  • CKAN: Poderoso sistema de xestión de conxuntos de datos que facilita a súa publicación.
  • QGIS: Aplicación SIX profesional feita con, e orgullosa de ser, software libre e código aberto.
  • Eclipse: Conxunto de ferramentas de programación de código aberto multiplataforma para desenvolver “Aplicacións de Cliente Enriquecido”.
  • Git: Software de control de versións.

A inscrición é de balde e necesaria para asistir á xornada.

Máis información e inscrición: http://xornada.melisa.gal/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal